Realizaríase en fines de semana alternos durante dous meses, aproximadamente, as datas son:
- 10 de febreiro (Rocodromo)
- 24 de febreiro (Rocodromo)
- 10 de marzo (Xalo)
- 24 de marzo (Eume)
O prazo de inscripción está aberto e podedes inscribiros ou consultar calquera dúbida chamando ós teléfonos:
- Luis: 605.883.270
- Luis A.(Picholo): 657.996.831
- Alberto: 649.686.164
É obligatorio estar en posesión da Licencia Federativa deMontaña do 2007, ben da modalidade A da M.G.D. ou da modalidade C da Mutua Sabadell.
- Para soci@s é gratuita (pero hai que estar ó corrente do pago da cuota social)
- Para soci@s colaboradores, é dicir, só federad@s 7€.
- Non soci@s 10 €.
Tamén é importante te-la licencia para poder acceder ó rocódromo de Riazor, pois en caso de mal tempo faremos as prácticas nas súas instalacións. Para acceder ó rocódromo hai que pagar, no pabillón de deportes, na oficina da entrada, en horario laboral de luns a venres de 10.00 h. a 13.30 h., unha cuota mensual de pouco máis de 5 €, e co resgardo inscribirse na lista que teñen na ventanilla os bedeis.
A idea e que participe tanto a xente que está empezando como a xente con coñecementos para repasar técnicas, etc. e para colaborar na organización do mesmo...Se estades interesados/as agradecemos que vaides comunicándonolo para ir facendo unha planificación máis detallada.
Saúdos a todo@s