martes, 10 de marzo de 2009

Vai de rocódromos...


Vai a pechar o rocódromo de Riazor durante 1 -2meses por obras...

Como alternativa pódese utilizar o rocódromo da universidade (campus de elviña) que teñen un bono para non universitarios de 15€-10sesións ou para universitarios de 30€-uso ilimitado (hai que consultar horarios de uso xa que hai horas de cursos, etc..., que non está disponible).

Tamén recordarvos que como socios/federados de Pico do Castro temos acceso libre o novo rocódromo de Oleiros no pavillón do IES María Casares (enfrente do INEF) de 6 a 11 da tarde o cal vos animamos a probar, usar e disfrutar...

Nada máis...
Un saúdo a todos e a disfrutar da primaveira!