miércoles, 2 de noviembre de 2011

Loteria 2011

Hola xente,

Xa temos participacións da loteria de nadal para este ano.
Seguimos xogando ó mesmo numero: 43258, e cada participación é de 3€ (coma sempre!)

Os que queirades algunha participación, podedes contactar con calqueira de nos ou no Bar Maricastaña (C/Orillamar) coma todolos anos!

Graciñas e a ver se hai sorte coma o pasado ano! ;-)

domingo, 26 de junio de 2011

Convocatoria de instructores para a EGAM

A F.G.M., despois das reunións que se realizaron cos Clubes que acudiron ás reunións convocadas en cada Provincia, decidiu facer unha convocatoria de Cursos de Formación de Instructores nas Áreas de Montañismo, Escalada, Alpinismo e Descenso de Barrancos, despois do verán.

Non serán formacións de carácter profesional, só para o ámbito da F.G.M., EGAM e Clubes.

A información de cómo serán darana en xullo.

Máis iformación na páxina da F.G.M.

lunes, 13 de junio de 2011

Eume: boas novas e novas malas no Sector Bordillo

Primeiro as boas novas:

No sector do Bordillo probamos unha vía nova "Lenda Galega", V+.

Benito de Corme, aproveitando o equipamento que puxen hai uns anos abriu unha variante que enlaza "Laujuries", 6c+, con "malasombra", 7a, dando como resultado a nova vía: "Boasombra", 7a+.

Logo púxose a proba-la "Variante legrumante" que de momento non encadenou "saen os movementos pero non a conexión", di que o grado pode andar polo 8a ou 8a+.

Así que tod@s a entrenar para confirmarlle eses grados a Beni.

Agora as malas novas: algún fillo de puta (perdón pola expresión pero é por culpa da rabia que sinto) roubou a reunión da vía "Santa Compaña" e na vía "Ben xogao" levouse un américa da reunión e a 1ª chapa.

É incrible, A ESTAS ALTURAS!, que aínda haxa algúns merdáns peseteros que veñan cortando o bo rollo do grupo d@s escaladores/as, que decidan que O MEU material é mellor colocalo nos seus proxectos de merda, ojalá o metan no cu ou na c....

Por un egoismo propio de xente cativa prívase ós demáis de poder escalar dúas vías.

EI! si fuche ti quen roubou o MEU material i estás lendo isto, ainda que dubido que saiba ler alguén que lle fai isto ós seus compañeiros de escalada, que sepas que che aproveite e que por min só che desexo que recibas da vida o mesmo que diche: desprecio.

Luis Casás de Bernardo

P.D.: COMPAÑEIROS SOMOS E NO CAMIÑO NOS ENCONTRAREMOS.

miércoles, 18 de mayo de 2011

XUNTANZA GALIÑEIRO 2011: 2º Posto

Acompañou o tempo cun día ás veces con calor de máis, bo ambente, mellor compaña, así que tod@s para arriba a apretar.

Estivemos escalando bloque no sector Cinzas: Alberto, Pi, Diana, Javi, Xabi, Juan Valdés, Luis, Miguel Ángel, Josu, Suso, Vanesa, Germán,..., espero non esquecerme de ninguén. Pola tardiña, entre lusco e fusco, viñeron máis amig@s a compartir risas, festa e ó grupo "Alféizar".

Cabe salientar que a rocha ten moi bo tacto, non é demasiado abrasiva e, polo menos no sector onde estivemos, moi bos pasos de bloque. A destacar o sector do Bosque que é perfecto para un día con moita calor.

No apartado competitivo organizáronse dúas probas: unha de marathón de corda en parella e outra de marathón de bloque, había premios para os seis primeiros clasificados, e adiantándome a que a organización publique o listado das clasificacións para poder colgalas aquí temos que anunciarvos unha boa nova pois o Clube de Montaña Pico do Castro acadou o 2º posto masculino na proba de bloque, noraboa para o afortunado... je,je,je, e tamén no apartado do sorteo a Xabi volveulle a tocar outro pantalón e a Josu unha bolsa de magnesio.

Dende logo saiu todo moi ben, noraboa ós organizadores e animar a tod@s a participar o ano que vén.

Un saúdo.

martes, 15 de marzo de 2011

PRUX EUME

Son Luis no borrador do PLAN RECTOR DE USO E XESTIÓN DO PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUME, na páxina nº 143 vén recollido:

"Usos e actividades prohibidos:

1.0 O barranquismo en toda a Área de Protección (PNFE-1 e PNFE-2).

2.0 A escalada na zona de reserva natural (PNFE-1) na Área de Protección, salvo nas paredes da antiga canteira da presa do Eume.

3.0 Considéranse prohibida nos cursos de auga da zona de fragas (PNFE-2) incluída na Área de Protección a navegación propulsada por motores de explosión e a utilización de balsas pneumáticas ou outras naves diferentes de piraguas no cauce non embalsado do Eume.

4.0 Con carácter xeral, dentro da Área de Protección, na zona de reserva natural (PNFE-1) consideraranse usos prohibidos todos aqueles non mencionados como permitidos ou autorizables nas presentes medidas de xestión do Parque Natural."

Estaría prohibido escalar nos sectores Xesteira e Ventureira.

E tamén na páxina 146:

"A escalada e o alpinismo cando afecte a elementos singulares da xea."

Estamos a tempo para intentar facer algunha alegación ó plan, pero convén que dende a Federación se informase a tódolos clubs de Galicia ou se convocasen a unha reunión.
Tamén deberíase ter contactos cos órganos do Parque ou a Consellería e buscar axuda para que nos asesore a Federación Española.

Entre todos nos debemos mover pero deberíamos facelo canto antes porque de momento é un borrador e non sei os prazos para presentar alegacións ó PRUX.

Sen máis envíovos un cordial saúdo.

Autorregulación da escalada en Prior

Hola, debido a la época de cría de aves protegidas es necesaria la autorregulación de la escalada en el Sector de La Cormorán, con lo cual pedimos que no se use esa pared desde febrero hasta finales de junio para posibilitar el asentamiento de especies que están amenazadas.

Dado lo interesante de la zona, os rogamos cumplir con esta restricción temporal para dar ejemplo y no entrar en confrontación con nadie para que no tengan que llegar a “prohibir” la actividad.

Gracias.

miércoles, 9 de marzo de 2011

I Costa-Trail de Oleiros - Seixo Branco

Aqui tedes o cartel, as normas e o recorrido do 1º Trail organizado en Oleiros polo Seixo Branco por Artabros e no que tamén colabora o noso clube Pico do Castro.

A recepción terá lugar na laguna de Mera, o dia 3 de Abril as 9:30 da mañá e a saida ás 10.

Inscripcions:
· Presencialmente en las oficinas de la Sociedad de Montaña Artabros de A Coruña, de lunes a viernes de 20 a 22 h.
· Por teléfono en el 981213115 (de lunes a viernes de 20 a 22 h.) y mediante ingreso o transferencia en la cuenta
2080-0565-15-0040002369 y envío del justificante a Artabros@artabros.org
Indicando los siguientes datos: Nombre y apellidos, DNI, fecha de Nacimiento y Club (si procede) PRECIO: 10 €
La inscripción incluye seguro.
Límite de participantes: 200 participantes.
Apertura inscripción: lunes 7 de marzo 2011.
Fecha límite de inscripción: martes 29 de marzo 2011

Track del recorrido: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?&id=1422995

lunes, 7 de marzo de 2011

REUNIÓN DO PRESIDENTE DA F.G.M. COS CLUBS DA PROVINCIA DA CORUÑA

Hola a tódol@s soci@s:

O novo Presidente da Federación Galega de Montañismo (FGM), Adolfo Puch, convocou para o xoves 24/ 02/ 2011, a unha reunión a tódolos clubs de Montaña da provincia da Coruña no local da Sociedade de Montaña Ártabros (haberá máis reunións cos Presidentes das outras 3 provincias).

Esta reunión xurde debido a que as leis e normativas actuais dos órganos superiores do deporte forzaron a que na asemblea só podían estar representados entidades ou técnicos que participaran no ano 2009 en actividades federativas, e así se pasou de 40 membros a só 12.

O motivo era o de ter un encontro, cambio de impresións e escoitar ós Clubs galegos e as nosas inquedanzas así como expoñe-la súa “política” de actuacións durante os próximos 4 anos.

Acudiron á reunión o Presidente da FGM, un Vicepresidente da FGM, o Vogal delegado da FGM na provincia da Coruña, dous representantes da Sociedade de Montaña Ártabros e un dos seguintes clubs: Club de Montaña Ferrol, Club de Montaña O Carroucho, Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza e Clube de Montaña Pico do Castro. En representación nosa acudiu o vocal de escalada.

O Presidente da FGM, expuxo os obxectivos e a súa liña de actuación para o seu mandato (a numeración non é correlativa do que se foi expoñendo na reunión, é só para tentar diferenciar un tema doutro, e dar un orde e un punto de referencia para as inquedanzas que veñen despois por parte dos clubs)

1. O Sr. Presidente explica que de órganos superiores do deporte, xurdiu este “decreto” no que limita a que só poden participar na Asemblea da FGM os clubs, deportistas, técnicos e árbitros que participaron en actividades federativas durante o ano 2009. Así pasouse de 40 a só 12 membros na asemblea, por iso o da súa reunión cos Clubs.

2. Preténdese potencia-la páxina web: tanto para poñer ó día á FGM coas novas tecnoloxías e formas de comunicación como para mellora-la comunicación cos clubs e c@s federad@s por internet: calendario de actividades, información dos cursos,etc. Pero sempre que os clubs e @s federad@s o soliciten expresamente debido á Lei de protección de datos.

3. En relación con isto pretende aumenta-la comunicación e contacto cos clubs, como por exemplo con esta reunión, incluso para saber de actividades ou logros deportivos de federad@s galeg@s que incluso poderían ter recoñecemento na Gala da Montaña e nalgúns casos pasaron desapercibidos.

4. Editarase a revista Cumes en formato PDF que se poderá remitir ós/ás federad@s que faciliten o seu correo. Calquera podería participar na revista, por exemplo, pódese enviar artigos sobre actividades que poidan ser interesantes. Ó enviala por e-mail afórrase o diñeiro da impresión en papel.

5. Coa crise hai unha redución dos ingresos que veñen de: licencias , homologación de rutas de sendeirismo, subvencións, inscricións de cursos e actividades, refuxios e pouco máis polo que se deben optimizar recursos.

6. Quérese aumenta-lo nº de federad@s.

7. Potencia-lo montañismo nos nen@s e adolescentes para que haxa un troco xeracional, mediante cursos en escolas e institutos, é dicir, facer canteira. Destacou o exemplo de só tres clubs que fan actividades con nen@s (un é Ártabros).

8. Estase a elaborar un estudio técnico, polo que foi durante 13-14 anos director da Escola Española de Alta Montaña (EEAM), que durará entre 3 e 4 meses co fin de estudar distintos aspectos: cómo potencia-lo Montañismo en Galicia, cursos, formación, recursos, etc.

9. Modifica-lo tipo de actividades do calendario da FGM.

10. Modifica-lo tipo de cursos da EGAM, con novos cursos e reprantexa-los actuais, pois hai cursos con moita demanda e outros moi pouca. Tamén é necesario unha renovación de monitores da EGAM, por idade e por forma física.

11. O Presidente da por cerrado o capítulo de creación de novos refuxios de montaña por parte da FGM. Tamén comenta que os refuxios de Torrebarrio en Pª Ubiña e o da Seara no Courel, funcionan bastante ben, non así o da Ponte en Pª Trevinca e especialmente o de Alvite no Xurés (deuse a entender que non ía ninguén “o mantemento dun edificio baleiro acaba sendo custoso pois deteriorase todo”) Non obstante apoiarían as iniciativas de clubs para a creación de refuxios de seu.

12. Avisa de que se debe axiliza-lo envío das licencias federativas por parte dos clubs, para evitar demoras que poidan prexudicar ós/ás federad@s con problemas coas compañías aseguradoras.

13. Pretende dar a coñecer o noso deporte nos medios de comunicación aumentando o contacto cos periodistas: “hai que saír nos medios de comunicación”.

14. En breve Turgalicia vai a publicar un libro de rutas homologadas de sendeirismo por Galicia.

15. Están xurdindo novos clubs de montaña en Galicia enfocados ás Carreiras por Montaña.

16. Estase a reformar a xestión da FGM, con cambios de orientación nalgúns puntos ou a organización dos espazos na oficina.

Basicamente pódese ver os seus obxectivos na carta “saúda do novo Presidente” que podedes ver na web da FGM.

INQUEDANZAS DOS CLUBES:

A orde de intervención foi a seguinte: o Sr. Presidente da FGM, Carroucho, Ferrol, Bestarruza, Pico do Castro e Ártabros.
Con respecto ós puntos anteriores isto foi o que se falou (non está ordenado cronoloxicamente)

1. C.M.Ferrol comentou que expuxeron ó Defensor do Pobo o famoso “decretazo” que deixou fóra da asemblea a tantos clubs e deportistas. O Presidente da FGM contestou que sempre pasa o mesmo cando cambian as cores dos que gobernan.
Tamén considérase como “histórica” esta reunión, e pénsase que debería marcar o inicio dunha nova andaina entre os clubs e a FGM.

2. WEB: todos coincidimos en que era necesario que mellorase a comunicación por internet, por ex., a Federación Valenciana ten a posibilidade de face-la licenza on-line, pedíuselle ó Presidente que enviase unha circular a tódolos clubs que estean interesados en recibir a información que manda a FGM, en vez de por correo ordinario, por correo electrónico.

3. Para ter máis comunicación estaría ben facer máis reunións deste tipo.

4. Estupendo, sempre que haxa sitio para tódalas disciplinas do montañismo e non só se fale de actividades dos grandes clubes.

5. A FGM non apoiou nunca ós clubs pequenos argumentando que era “custoso”, dende manter correspondencia ata mobilizar recursos, coméntase que coas novas tecnoloxías pódese aforrar neste aspecto.

6. Para aumenta-lo nº de federad@s hai que apoiar ós clubs, pero tanto ós grandes como ós pequenos, fomenta-la fundación de novos clubs de montaña en comarcas nas que non hai, ou en zonas que están preto ás zonas máis importante para a práctica do noso deporte.

7. En vez de centrarse só en realizar cursos en colexios e institutos que ó final creemos que só se farían en catro colexios das grandes cidades, e iso con sorte, porque ó mellor só se chegan a facer en Vigo ou na Coruña, o que sería inxusto e discriminatorio co resto de Galicia, xa que é evidente que sería unha tarefa inmensa e case irrealizable chegar a tódolos centros escolares de Galicia, propoñemos:
o Que eses cursos de iniciación se centren en concellos nas zonas de montaña onde se practica o noso deporte ou por comarcas que carezan de clubs para ter máis opcións de fomentar canteira (coméntase que o C.M.Pico do Castro xurdiu así), conseguir por ex. federad@s-practicantes do montañismo que poden incluso se-los donos das terras das zonas escola de escalada e serían os mellores defensores do noso deporte que loita por ter acceso ás montañas.
o Realización de cursos en clubs pequenos que non dispoñen de monitores da EGAM nin de tantos recursos como os clubs grandes.

8. A ver si por fin se identifican os problemas e cuestións reais do montañismo en Galicia, para poder centrarnos neles e non estar divagando ou loitando cada quen pola súa conta.

9. Case todas as actividades son marchas ou rutas, a escalada e o alpinismo, onde están?. Hai que tentar facer actividades ou competicións de escalada atractivas para a pouca xente que participa e acude a ve-las, antes de pensar noutros retos maiores.

10. Volvemos ó relevo xeracional: non hai xente nova.

11. Para facer máis rendibles os refuxios que case non teñen uso, pénsase na posibilidade de arrendalos a grupos, asociacións ou empresas de tempo libre. Recoñécese que foi un erro facer algún deles.

12. Estamos dacordo en enviar os impresos das licencias en canto se faga o ingreso por parte d@s federad@s, pero tamén se propón que se poidan facer licencias por día, por ex. para cursos e actividades puntuais como se fai nas estacións de esquí ou na Federación de Espeleoloxía.

13. .

14. .

15. e.

16. Sen máis comentarios.

17. O C.M. Pico do Castro comentou que saíu a noticia nos xornais sobre a presentación e pronta publicación do borrador do Plan Reitor de Uso e Xestión do P.N. das Fragas do Eume (PRUX), no que se dirá o que se pode facer ou non neste espazo natural. É importante facerse con este borrador para saber si poderase escalar ou non ou incluso por onde se poderán facer rutas de sendeirismo. Si fose necesario solicítase poder falar cas institucións, asociacións ou autoridades en nome da FGM para poder defende-los nosos dereitos.

18. A S.M. Ártabros comenta que está a xuntar sinaturas para solicitarlle ó Concello da Coruña ou a reforma integral do rocódromo de Riazor ou a construción doutro rocódromo en calquera das instalación deportivas da cidade, pois hai un agravio comparativo con outros deportes con un nº de federados moito menor.

Por último quería facer un comentario, a orde de intervención dos presentes foi de cortesía: “fala ti”, “non fala ti 1º”, daba igual, si, pero resulta que “eu me teño que ir”, “eu tamén”,..., e quedamos Pico do Castro e Ártabros para o final.

CONCLUSIÓNS:
O primeiro a destacar: ¡qué pouco se falou de escalada ou de alpinismo!, todo era sendeirismo por aquí, carreiras por montaña por alá,...así mal imos.
A reunión foi informal pois nin houbo orde do día nin se levantou acta da xuntanza e case ninguén tomou nota do que dicían os demais, foi só informativa e polo tanto nada vinculante. Pero isto non debería de quitarlle a importancia que eu creo teñen este tipo de reunións sobre todo porque todos poden falar, participar e expoñer temas de importancia do noso deporte.
Quizais os clubs da provincia da Coruña deberíamos aproveita-la ocasión desta reunión para facer algunha polo estilo entre nós e o Vogal Delegado da FGM na provincia da Coruña, para temas concretos: facer competicións, defende-los nosos dereitos,...
Faltan as reunións nas outras tres provincias e, seria lóxico, que o presidente da FGM, sacase e publicase unhas conclusións, así que agora a pelota está no tellado da FGM, si cumpren cos pequenos pasos que tentan dar, renovación na xestión e comunicación, xa podemos avanzar tod@s.
Cando entrei ía pensando: “máis do mesmo”, (e punto), ó saír: “máis do mesmo?”, doulle un voto de confianza por facer esta 1º reunión considerada como “HISTÓRICA” polos alí presentes e home,..., peor non imos estar(?).

A nivel persoal creo que máis dunha vez debeuse empregar por parte da anterior FGM a “man esquerda” e nesta volta quizais non interesou, por exemplo, anotar a un participante de cada club de Galicia de xeito “testimonial” en calquera actividade de sendeirismo ou ter avisado “hei nenos vinde aljún que senón quedades fóra de xogo durante os vindeiros catro anos”, ou tampouco tiveron a decencia de dicir a federados que se apuntaron a cursos no 2009, pero que foron suspendidos pola propia FGM ou a EGAM, “bueno...non houbo curso pero como é unha actividade federativa de pleno dereito, vós e o voso club pode participar con nós neste novo proxecto de 4 anos”, POLO CARALLO!, é mellor seguir repartindo o pastel entre os de sempre, “non vaia a ser que veña alguén a amolarnos e chamarnos carcamais” (só falla un comentario do tipo “non vaia a ser que pensen que isto é unha democracia”) Realmente nos sei si se dirixiron a todos eses cursillistas sen curso e lles dixeron que despois de todas as molestias que lles ocasionaron que para o ano tiñan praza fixa ou preferente nos cursos de 2010.
E se non foi esa a intención, cheira un pouco a rancio, sobre todo a un rancio “avoengo decimonónico”.
Poñedes na vosa carta que non queredes “pontear ós clubs”, a primeira definición de ponte segundo o dicionario da Real Academia Galega é: construción que se fai sobre os ríos, foxos, etc., para uni-los seus dous lados e poder así atravesalos, e a 5ª é: Lazo de unión.

A ver se por fin avanzamos e espertamos tod@s os vinculados á montaña en Galicia, Federación, Clubs e montañeir@s, porque:

Non se está a fomenta-lo noso deporte.
Non se está a facer unha lectura real da idiosincrasia do territorio galego.
Estannos prohibindo acceder á montaña e nin dicimos nin facemos nada xuntos.
Desconexión por parte de moitos clubs coa FGM.
Non hai xestión nin acordos en zonas escolas de Escalada.
Non hai competicións de escalada.
Non hai relevo xeracional.
Non se está a fomenta-la construción de rocódromos.

miércoles, 12 de enero de 2011

Licenzas 2011, precios e coberturas

Hola a todolos socios e xente que vos federades a través nosa. Vos informamos de que un ano mais, xa podedes tramitar a lincenza.

Coma o ano anterior a tramitación para os socios será gratuita (hai que pagar, xunto o importe da licencia, 20€ de cuota de socio)

Para os que non pagades a cuota do clube hai unhos gastos de tramitación de 4€.

Necesario para a tramitación:

DNI, nome e apelidos, data de nacemento, enderezo con CP, telèfono, dirección de correo electrònico)

Modalidade de licenza que queredes.

Ingreso da cantidade correspondente na conta do clube

* 2 Aseguradoras a elixir
* 10 Modalidades de seguros a elixir - Segundo a súa actividade (
Mutualidad General Deportiva ou ASEFA S.A.)

Coberturas Seguros Deportivos Vixentes

RESUMO

A información seguinte non é vinculante. Só serán vinculantes as pólizas e condicións particulares asinadas, rexistradas, vixentes e en poder da compaía de seguros e da Federación Galega de Montañismo. Para máis datos deben dirixirse ó seu clube de montaña federado.

En caso de viaxes ó estranxeiro é conveniente visitar a páxina do Ministerio de Asuntos Exteriores e tamén realizar o rexistro de cidadans viaxando ó estranxeiro.

Información resumida de coberturas e modalidades

MUTUALIDAD GENERAL DEPORTIVA:

Modalidade

Poboación

Territorio

Actividades

Garantías*(Nota1)

A - Básicas

Universal

España

Tódolas disciplinas amparadas polos Estatutos da FGM

Morte: ata 9.000€

Invalidez: ata 18.750€

A.M.F.C.: ilimitada

Gastos rescate incluidos.

B1 - Mejoras sobre Mod.A

Universal

España

Tódolas disciplinas amparadas polos Estatutos da FGM

Morte: ata 9.000€

Invalidez: ata 18.750€

A.M.F.C.: ilimitada

Gastos rescate incluidos.

B2

Maiores
Mozos

Europa e Marrocos

Tódolas disciplinas amparadas polos Estatutos da FGM

Morte: ata 9.000€

Invalidez: ata 18.750€

A.M.F.C.: ilimitada

Gastos rescate incluidos.

B3

Maiores
Mozos

Todo o mundo excepto Estados Unidos de América e Canadá

Tódolas disciplinas amparadas polos Estatutos da FGM

Morte: ata 9.000€

Invalidez: ata 18.750€

A.M.F.C.: ilimitada

Gastos rescate incluidos.


ASEFA SA - Seguros e reaseguros:

Modalidade

Poboación

Territorio

Actividades

Garantías*(Nota1)

A

Infantil
(ata 13 anos inclusive)

España

Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo

Morte: ata 3.005'06€

Invalidez: ata 6.010'12€

A.M.F.C.:
C.Concertados: 1.502'53€.
C.No Concert.: 300'51€.

Gastos rescate: 0'00€.

B

Mozos (de 14 ata 17 anos Incl.)

Maiores (a partir de 18 anos)

España, Pirineos franceses, Andorra e Portugal.

Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo

Morte: ata 6.010'12€

Invalidez: ata 6.010'12€

A.M.F.C.:
C.Concertados: 3.005'06€.
C.No Concert.: 601'01€.
No estranx.: 1.502'53€

Gastos rescate: 4.507'59€.

C

Infantil
(ata 13 anos inclusive)

Mozos (de 14 ata 17 anos Incl.)

Maiores (a partir de 18 anos)

España, Portugal, Pirineos franceses e Andorra.

Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Alpinismo, Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Campamentos de Iglús, Bicicleta de montaña, Carreras de Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de neve.

Morte: ata 6.010'12€

Invalidez: ata 12.020'24€

A.M.F.C.:
C.Concertados: 6.010'12€
C.No Concert.: 1.502'53€.
No estranx.: 6.010'12€

Gastos rescate: 6.010'12€.

D

Infantil
(ata 13 anos inclusive)

Mozos (de 14 ata 17 anos Incl.)

Maiores (a partir de 18 anos)

Case todo o mundo (ver lista de países no recomendados**) salvo actividades realizadas por riba dos 7.000 metros ou en zonas polares.

Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Alpinismo, Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Campamentos de Iglús, Bicicleta de montaña, Carreras de Montaña, Esquí de travesía, Esquí de pista, Esquí nórdico, Telemark, Snowboard, Trineo de cans, Raquetas de neve.

Morte: ata 6.010'12€

Invalidez: ata 12.020'24€

A.M.F.C.:
C.Concertados: ilimitada ata 18 meses.
C.No Concert.: 6.010'12€.
No estranx.: 12.020'24€

Gastos rescate: 9.015'18€.

E

Maiores (a partir de 18 anos)

Case todo o mundo (ver lista de países non recomendados**)

As mesmas que a Modalidade D ademais de expedicións polares e cumes de máis de 7.000 metros.

Morte: ata 6.010'12€

Invalidez: ata 12.020'24€

A.M.F.C.:
C.Concertados: ilimitada ata 18 meses.
C.No Concert.: 6.010'12€.
No estranx.: 18.030'36€

Gastos rescate: 9.015'18€.

F

Especial maiores de 75 anos.

España, Portugal, Pirineos franceses e Andorra.

Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo

Morte: ata 6.010'12€

A.M.F.C.:
C.Concertados: 1.502'53€
C.No Concert.: 300'51€.

Nota1: As "Garantías" son orientativas, debendo prestar atención ós límites que especifican os seguros. Consultar nos clubes federados.
Nota2: A.M.F.C. - Asistencia Médico-Famaceutica-Cirúrxica

Países non recomendados (**) - Varían en cada momento e neles a garantía de repatriación sanitaria en caso de accidente ou enfermidade, está limitada a 12.020'24 € - Enlace sobre países non recomendados

PREZO DAS LICENZAS FEDERATIVAS ANO 2011


* Solicite información no seu clube de modalidades e coberturas.

MUTUALIDAD GENERAL DEPORTIVA - www.mgd.es

MODALIDADE A

MAIORES

45'45€

XUVENIS

34'95€

INFANTIS

21'60€

MODALIDADE B-1

MAIORES

65'45€

XUVENIS

54'95€

INFANTIS

35'60€

MODALIDADE B-2

MAIORES

93'25€

XUVENIS

82'75€

INFANTIS

75'95€

MODALIDADE B-3

MAIORES

121'10€

XUVENIS

110'60€

INFANTIS

103'80€

ASEFA, S.A. - SEGUROS E REASEGUROS

MODALIDADE BASICA A

INFANTIS

13'44€

MODALIDADE B

MAIORES

47'77€

XUVENIS

37'27€

MODALIDADE C

MAIORES

79'93€

XUVENIS

65'64€

INFANTIS

26'49€

MODALIDADE D

MAIORES

133'57€

XUVENIS

96'46€

INFANTIS

68'41€

MODALIDADE E

MAIORES

611'50€

MAIORES 75 ANOS

MAIORES 75

42'71€