lunes, 13 de junio de 2011

Eume: boas novas e novas malas no Sector Bordillo

Primeiro as boas novas:

No sector do Bordillo probamos unha vía nova "Lenda Galega", V+.

Benito de Corme, aproveitando o equipamento que puxen hai uns anos abriu unha variante que enlaza "Laujuries", 6c+, con "malasombra", 7a, dando como resultado a nova vía: "Boasombra", 7a+.

Logo púxose a proba-la "Variante legrumante" que de momento non encadenou "saen os movementos pero non a conexión", di que o grado pode andar polo 8a ou 8a+.

Así que tod@s a entrenar para confirmarlle eses grados a Beni.

Agora as malas novas: algún fillo de puta (perdón pola expresión pero é por culpa da rabia que sinto) roubou a reunión da vía "Santa Compaña" e na vía "Ben xogao" levouse un américa da reunión e a 1ª chapa.

É incrible, A ESTAS ALTURAS!, que aínda haxa algúns merdáns peseteros que veñan cortando o bo rollo do grupo d@s escaladores/as, que decidan que O MEU material é mellor colocalo nos seus proxectos de merda, ojalá o metan no cu ou na c....

Por un egoismo propio de xente cativa prívase ós demáis de poder escalar dúas vías.

EI! si fuche ti quen roubou o MEU material i estás lendo isto, ainda que dubido que saiba ler alguén que lle fai isto ós seus compañeiros de escalada, que sepas que che aproveite e que por min só che desexo que recibas da vida o mesmo que diche: desprecio.

Luis Casás de Bernardo

P.D.: COMPAÑEIROS SOMOS E NO CAMIÑO NOS ENCONTRAREMOS.

No hay comentarios: