domingo, 26 de junio de 2011

Convocatoria de instructores para a EGAM

A F.G.M., despois das reunións que se realizaron cos Clubes que acudiron ás reunións convocadas en cada Provincia, decidiu facer unha convocatoria de Cursos de Formación de Instructores nas Áreas de Montañismo, Escalada, Alpinismo e Descenso de Barrancos, despois do verán.

Non serán formacións de carácter profesional, só para o ámbito da F.G.M., EGAM e Clubes.

A información de cómo serán darana en xullo.

Máis iformación na páxina da F.G.M.

lunes, 13 de junio de 2011

Eume: boas novas e novas malas no Sector Bordillo

Primeiro as boas novas:

No sector do Bordillo probamos unha vía nova "Lenda Galega", V+.

Benito de Corme, aproveitando o equipamento que puxen hai uns anos abriu unha variante que enlaza "Laujuries", 6c+, con "malasombra", 7a, dando como resultado a nova vía: "Boasombra", 7a+.

Logo púxose a proba-la "Variante legrumante" que de momento non encadenou "saen os movementos pero non a conexión", di que o grado pode andar polo 8a ou 8a+.

Así que tod@s a entrenar para confirmarlle eses grados a Beni.

Agora as malas novas: algún fillo de puta (perdón pola expresión pero é por culpa da rabia que sinto) roubou a reunión da vía "Santa Compaña" e na vía "Ben xogao" levouse un américa da reunión e a 1ª chapa.

É incrible, A ESTAS ALTURAS!, que aínda haxa algúns merdáns peseteros que veñan cortando o bo rollo do grupo d@s escaladores/as, que decidan que O MEU material é mellor colocalo nos seus proxectos de merda, ojalá o metan no cu ou na c....

Por un egoismo propio de xente cativa prívase ós demáis de poder escalar dúas vías.

EI! si fuche ti quen roubou o MEU material i estás lendo isto, ainda que dubido que saiba ler alguén que lle fai isto ós seus compañeiros de escalada, que sepas que che aproveite e que por min só che desexo que recibas da vida o mesmo que diche: desprecio.

Luis Casás de Bernardo

P.D.: COMPAÑEIROS SOMOS E NO CAMIÑO NOS ENCONTRAREMOS.