miércoles, 18 de mayo de 2011

XUNTANZA GALIÑEIRO 2011: 2º Posto

Acompañou o tempo cun día ás veces con calor de máis, bo ambente, mellor compaña, así que tod@s para arriba a apretar.

Estivemos escalando bloque no sector Cinzas: Alberto, Pi, Diana, Javi, Xabi, Juan Valdés, Luis, Miguel Ángel, Josu, Suso, Vanesa, Germán,..., espero non esquecerme de ninguén. Pola tardiña, entre lusco e fusco, viñeron máis amig@s a compartir risas, festa e ó grupo "Alféizar".

Cabe salientar que a rocha ten moi bo tacto, non é demasiado abrasiva e, polo menos no sector onde estivemos, moi bos pasos de bloque. A destacar o sector do Bosque que é perfecto para un día con moita calor.

No apartado competitivo organizáronse dúas probas: unha de marathón de corda en parella e outra de marathón de bloque, había premios para os seis primeiros clasificados, e adiantándome a que a organización publique o listado das clasificacións para poder colgalas aquí temos que anunciarvos unha boa nova pois o Clube de Montaña Pico do Castro acadou o 2º posto masculino na proba de bloque, noraboa para o afortunado... je,je,je, e tamén no apartado do sorteo a Xabi volveulle a tocar outro pantalón e a Josu unha bolsa de magnesio.

Dende logo saiu todo moi ben, noraboa ós organizadores e animar a tod@s a participar o ano que vén.

Un saúdo.