jueves, 3 de mayo de 2007

23 - 24 Xuño. Encoro do Eume (Goente)

Varias probas:
- Velocidade en parede 300 m.
- Velocidade en cordas fixas.
- Maratón de escalada 1000m.
- Concurso Bloque en Artificial.
Outras actividades coma escalada nocturna.

Organizan: Clube de Montaña O Caxado (As Pontes)
Clube de Montaña Veral (Lugo)
Máis información en: http://caxado.iespana.es/ ou caxado@iespana.es

A inscrición farase nos días previos nos teléfonos 656695811 e 646145080
O prezo de preinscrición é de 10 €.
Se non estás preinscrito, o prezo é de 15 €.
O pagamento da inscrición farase o mesmo día do comezo das probas.
Coa inscrición tes dereito a participar en tódalas probas (non é obrigatorio que compitas en todas), recibirás unha camiseta, e poderás degustar un moi bo cacho de empanada para recuperar forzas. Tamén haberá bebidas para os participantes.
Para a inscrición é obrigatorio presentar a licencia federativa do ano en curso.

Hai que animarse a formar cordadas, aínda que sexa pensando que é outro día de escalada pero disfrutando da xuntanza!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ánimo rapaces... A ver se conquistámolo podium coma o ano pasado!
E tamén a ver se fai menos calor, claro!

Anónimo dijo...

Manda carallo, xa se lles ve o plumero, teñen medo de que este ano quedemos de primeiros, que xa non queren nin que participemos. A quen se lle ocorre facer unha competicion a que poderia ir un lote de xente, un dia que e pra pasar cos colegas e mazarse coma pulpos,e non estar pensando en deitarse cedo e non beber moito porq te tes que facer 1000 metros o dia seguinte.
Eu penso que por moita sardiñada que se faga ou moita historia que se monte, ese dia non e pra facer a Longametraxe, e preferible morrer de calor, e non facelo nunha data na que en Galicia, e en mais sitios, se celebra unha festa incrible como e o San Xoan.
Supoño que xa sera tarde para pedir que sexa noutra data e ademais que habera moita mais xente que si que ira , e que lla sude o puto San Xoan, pero molaba que estibera aberto a mais xente.
Pois nada, moita sorte a todos os organizadores e que vaia todo moi ben, e por suposto moita sorte a todos os participantes.
Saudos. Deika