martes, 15 de marzo de 2011

PRUX EUME

Son Luis no borrador do PLAN RECTOR DE USO E XESTIÓN DO PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUME, na páxina nº 143 vén recollido:

"Usos e actividades prohibidos:

1.0 O barranquismo en toda a Área de Protección (PNFE-1 e PNFE-2).

2.0 A escalada na zona de reserva natural (PNFE-1) na Área de Protección, salvo nas paredes da antiga canteira da presa do Eume.

3.0 Considéranse prohibida nos cursos de auga da zona de fragas (PNFE-2) incluída na Área de Protección a navegación propulsada por motores de explosión e a utilización de balsas pneumáticas ou outras naves diferentes de piraguas no cauce non embalsado do Eume.

4.0 Con carácter xeral, dentro da Área de Protección, na zona de reserva natural (PNFE-1) consideraranse usos prohibidos todos aqueles non mencionados como permitidos ou autorizables nas presentes medidas de xestión do Parque Natural."

Estaría prohibido escalar nos sectores Xesteira e Ventureira.

E tamén na páxina 146:

"A escalada e o alpinismo cando afecte a elementos singulares da xea."

Estamos a tempo para intentar facer algunha alegación ó plan, pero convén que dende a Federación se informase a tódolos clubs de Galicia ou se convocasen a unha reunión.
Tamén deberíase ter contactos cos órganos do Parque ou a Consellería e buscar axuda para que nos asesore a Federación Española.

Entre todos nos debemos mover pero deberíamos facelo canto antes porque de momento é un borrador e non sei os prazos para presentar alegacións ó PRUX.

Sen máis envíovos un cordial saúdo.

No hay comentarios: